jueves, 30 de abril de 2009

FARDELA PUB. 25.04.2009

Impresionante o vivido o pasado día 25 de abril no Fardela Pub de Vilalva.
Facéndonos acompañar de numerosos amigos invadimos literalmente o local dende as 8 da tarde ata que, xa cando o sol asomaba de novo ó día seguinte, non nos quedou más remedio que abandoalo e seguir a festa por outros locais onde predominaba o arrecendo a desaiunos.
Aproveitamos este concerto para estrear algunha peza nova do noso repertorio como a jota da Mahía (¿tocamos algunha veza algunha jota?), a muiñeira Aturuxeira, un vals bretón ou unha versión do mítico miña terra galega.
Como ven sendo habitual últimamente, foi inestimable e indispensable a colaboración de Manolo "Jintonic" Rivera e Adrián Luaces "Kemehazes". Moitas grazas a eles dous.

Aquí abaixo vos deixamos algunha fotos de tal magno evento.


O grupo (bueno, casi) no bis do bis.


Andrésiño, que ollos más bonitos tes cando te concentras, je, je, je.

Ahí está Pauliña, a nosa cantareira, lucindo look fusion-tradicional.


Dous que son feitiños coma queixos de San Simón: Miguelao e Iago "Ketehago"


¿E que dicir de estos dous?... Menos mal que a comisaría quedaba lonxe. Luis Brixeo e Röber.

Carolaila, gaiteira e frautista, meténdolle eolo á súa traveseira.


Ana Damoure jatillando duro na súa gaita. LUMEEEEEEE!!!


Manolo "Jintonic" dándoo todo ante a mesa de son. MIL GRACIAS.


Siareiros na ruta: Manel Pena e Maria Blanco con Miguelao

Siareiros na ruta: Natalia e señor.


Siareiros na ruta: Oca e Iago

Siareiros na ruta: Juan "o gato Ablanedo" Leal

Andrés Mel e Röber con Noelia "Jintonic"


Siareiros na ruta: Röber e Ana Damoure con Jessica, o Gran Pedro de Cee e señora.



Siareiros na ruta: Montse arrasando con ese novo amaño capilar de aire irlandés.

Siareiros na ruta: Carolaila con Jorge.

martes, 21 de abril de 2009

VI REPICHOCA 2009. AS PONTES.

O próximo domingo 26 de abril, no local do pulpo da Fraga celebrarase a xa tradicional repichoca organizada polos gaiteiros ponteses. Este ano celébrase xa a súa sexta edición, e de seguro que non desmerecerá para nada as anteriores.
Dende fai uns anos e aproveitando a ocasión, os gaiteiros de As Pontes decidimos rendenlle unha pequena homenaxe a unha serie de xente que consideran dedicaron gran parte da sua vida a manter e a divulgar a música tradicional da nosa terra.
Este ano o elexido e o "caixeiro" dos Ponteses Da Silva. El foi un dos fundadores no ano 1965 do cuarteto Tradicional Os Ponteses, agrupación que anos mais tarde transformaríase en charanga na cal segue activo a día de hoxe.

A programación de dito acontecemento constará dos seguintes actos:

  • 13:00 hs. Xuntanza dos participantes nos arredores do parque do Campo da Feira para ir tocando ata a Fraga percorrendo distintas rúas da Vila.
  • 14:00 hs. Xantar no local do pulpo de A Fraga donde se degustará o seguinte menú: Pulpo, churrasco, postre, café e ......(todo preparado por unha pulpeira para a ocasión por 25 € para os adultos e 11 para os nenos menores de 11 anos). Para elo están a venda os tikes correspondentes.
  • 16:00 hs. Lectura dun escrito adicado o homenaxeado.
  • De seguido Repichoca a esgallo, ata que os corpiños aguanten.

MUXAREGA no FARDELA PUB de Vilalva, sábado 25 de Abril.


O vindeiro sábado 25 estaremos visitando ó noso amigo César no FARDELA PUB de Vilalva, local que está situado na praza da igrexa de dita localidade.

O concerto escomenzará sobre as 23:00 horas e farémolo en dous pases, cun pequeno receso polo medio para que relaxedes os músculos e gorxas.
Neste concerto escoitaredes de novo a forza da voz de Paula, a enerxía eólica das gaitas e frautas de Ana e Carolaila, o trebón armónico do acordeón de Andrés, a contundencia rítmica da percusión de Luis e o tremer sísmico das cordas de Iago, Roberto e Miguel.

sábado, 11 de abril de 2009

FOLIADA DO "LAR". 27 MARZO 2009.

O pasado 27 de marzo voltamos a participar da Foliada do Lar, organizada por Gaiteiros Ponteses, tras dous anos sen facelo.
Foi un concerto especial e de certa exixencia para o grupo posto que, por un lado, estreábamos novo repertorio, e, por outro lado, facían o seu debut co grupo Carolina Leal (gaita e frauta traveseira) e Iago Pena (baixo eléctrico). Ademáis era a primeira vez na que decidídamente incorporábamos o baixo á instrumentación do grupo.
O resultado non pudo ser mellor.
Dende aquí queremos mostrar o noso agradecemento particular a:
  • Á organización da Foliada, i en particular a Lamas e Carlos, que nos deron todas as facilidades do mundo, tanto organizativas como de medios. Non nos esquezemos de Aurora, Mari e compañía, que nos acompañaron ata o peche do local.
  • Ós compañeiros de Jin Tony`s Son Band, que nos prestaron parte do seu equipo, nolo puxeron á funcionar e nos acompañaron durante todo ó concerto.
  • A Juanillo, amo e señor da equilización, domador de graves, agudos e medios.
  • A Lucía Leal e "Tato" Hermida que puxeron a súa furgoneta á nosa disposición.
  • A Adrián Luaces, Oka e resto desta Tropa Brava, fundamentais á hora de que a nosa loxística funcionase coma un reloxio suizo.
    A todos os amigos e compañeiros que nos acompañástes neste concerto.
Vémonos no Fardela Pub de Vilalva o vindeiro sábado 25 de abril!!





INICIO DO BLOG MUXAREGA


Tras moito tempo desexando crear o noso propio blog, por fin nos decidimos a elo dando hoxe publicación definitiva ó mesmo.

Agardamos que sirva como instrumento de achega a todos ós nosos amigos e a toda aquela xente que nos queira conocer.

E, por suposto, é o noso desexo que este blog tamén sexa punto de encontro, debate e discusión para todas aquelas personas que andamos enredando neste mundo do folk, a música tradicional, etc.
En breve empezaremos a publicar datas de concertos, fotos, vídeos, enlaces a blogs de amigos, etc.
Sede todos benvidos.
A ver que sae de todo isto...

MUXAREGA